Inicio Carballo ao día Hemeroteca O ano comeza con 124 avisos e demandas...

REXÍSTRASE UN DESCENSO DUN 33 POR CENTO RESPECTO DE 2010

O ano comeza con 124 avisos e demandas veciñais atendidas pola Brigada de Obras no mes de xaneiro

Luns 7 de febreiro do 2011

O avisos xestionados a través de Carballo Limpo ocupan o segundo lugar en canto ás demandas veciñais, pero xa cun número moito menor, con 9 peticións, ao igual que no que se refire á solicitude de substitución ou arranxo do mobiliario urbano e do mantemento de edificios ou infraestruturas deportivas, tamén con 9 avisos. Os servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono rexistraron 8 demandas, mentres que as reparacións, substitucións ou colocación de sinais de tráfico e carteis e paneis indicadores, rexistraron 5, o que supón un gran aumento respecto de 2010, en que só se rexistrou unha petición deste tipo. Tamén hai que mencionar as solicitudes para realizar bacheos, arranxos de beirarrúas e outros arranxos relacionados coa rede viaria municipal, con dúas peticións. Por último, durante o mes de xaneiro non se ten rexistrado ningunha demanda relacionada coa limpeza de espazos públicos, xardíns e zonas verdes en xeral. Analizando os datos por parroquias, as que ocupan os primeiros postos, como ven sendo habitual, son Carballo, Rus e Sofán, por esta orde. Comparando os datos con anos anteriores, tense experimentado un descenso de peticións en Rus, mentres que nos últimos anos as demandas non deixaron de aumentar en Sofán, ao igual que en Carballo.

Informatización dos servizos

Hai que lembrar que, aínda que nestes momentos os veciños e veciñas deben chamar por teléfono, acudir á Alcaldía do Concello de Carballo ou enviar un correo electrónico a <infocarballo@carballo.org>, o Concello vén de rematar o proceso técnico para ampliar a información e os servizos proporcionados polo Xeoportal -guía municipal do territorio con información útil reflectida no mapa do concello- co obxecto de dar un paso máis e facilitar aos cidadáns o acceso aos servizos a través da páxina web. O novo Sistema de Información Xeográfico, que estará en marcha en 2011 e está valorado en máis de 180.000 euros, permitirá que os veciños e veciñas poidan solicitar a través de Internet e localizando a petición no mapa do municipio, o arranxo de focos de luz, a colocación ou limpeza dun colector de lixo, a colocación de semáforos e pasos de peóns ou a consulta do rueiro. Así mesmo, os traballadores municipais terán acceso a esta ferramenta para coñecer en tempo real datos urbanísticos, de vaos, ocupación da vía pública etc. e tramitar as peticións veciñais con maior celeridade. Con este novo sistema a facilitarase a redución dos gastos á hora de tramitar os servizos, mellorarase a velocidade de resposta das actuacións e terase control de datos como as licenzas de terrazas, o número de focos ou de sinais verticais de tráfico ou o estado dos colectores de lixo.

Compartir: