Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos para mellorar a...

UNHA VEZ FEITAS AS BEIRARRÚAS, ACONDICIONARASE O FIRME DA VÍA

Principian os traballos para mellorar a seguridade vial en Entrecruces, un proxecto incluído no POS 2010

Martes 8 de febreiro do 2011

Hai que lembrar que o Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e da rede viaria local do ano 2010 (POS 2010) inclúe outras dúas actuacións na estrada CP-1914 Carballo-Santiago ao seu paso polo municipio. Así, Luís Lamas informa de que están a piques de comezar, aínda que non hai data concreta para a sinatura da acta de replantexamento, os traballos para acondicionar a vía ao seu paso polas parroquias de Ardaña -onde xa se teñen acondicionado beirarrúas- e Rus. No primeiro caso continúase coa dotación de beirarrúas e o acondicionamento da travesía entre Vivente e Ponte Rosende, no contorno da igrexa. A empresa adxudicataria é Excavaciones y Obras Públicas de Galicia SL (Exoga) por un importe de 164.020 euros, cunha baixa de preto de 17.000 euros sobre o orzamento de licitación, de 181.370,51 euros. No segundo caso a adxudicación tamén recaeu en Construcciones Alejandro Martínez e Hijos, por un importe de 141.436,76 euros -cunha baixa de preto de 20.000 euros sobre o orzamento de licitación de 160.850,91 euros- que se encargará de crear novas beirarrúas e saneamentos en Canosa-Rus.

Por último, o Concelleiro de Obras e Servizos explica que o POS 2010 complétase co acondicionamento de viais nas zonas rurais das parroquias de Goiáns, Bértoa, Cances e Carballo, uns traballos dos que tamén se encargará Excavaciones y Obras Públicas de Galicia SL (Exoga), neste caso por un importe de adxudicación de 90.509,40 euros sobre un orzamento de licitación de 112.769,76 euros. Estes traballos tamén comezarán nun futuro próximo. Os prazos de execución para os respectivos proxectos son, no caso de Ardaña de cinco meses; no de Canosa-Rus, tamén de cinco meses; e no caso do acondicionamento de viais de tres meses. O importe total dos proxectos incluídos no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal e da rede viaria local do ano 2010 é de 432.585 euros. Hai que lembrar que nestes momentos o pleno da corporación xa ten aprobado a proposta para o POS 2011. Neste caso, os proxectos incluídos son a creación dunha Praza pública en Sofán, cun orzamento de 184.160,20 euros; a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de O Añón, na parroquia de Berdillo', por 136.509,81 euros; a 'Mellora de capa de rodadura no lugar de Xoane, na parroquia de Goiáns' por 113.059,93 euros; e o proxecto técnico para a creación dunha 'Rede de saneamento e rede de abastecemento de auga en San Lois, na parroquia de Ardaña', cun investimento de 51.382,27 euros.

Compartir: