Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa no 1º Fampress da Costa...

A CITA É O XOVES 10 DE FEBREIRO

Carballo participa no 1º Fampress da Costa da Morte para dar a coñecer a gastronomía e os recursos turísticos do municipio

Martes 8 de febreiro do 2011

A acollida da iniciativa entre os profesionais da Costa da Morte superou todas as expectativas, segundo explica a asociación APTCM (Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte). Un grande número de empresas tanto de restauración, aloxamento como inclusive de turismo activo puxeron a disposición da entidade, de xeito gratuíto, as súas instalacións e os seus medios para acoller, da mellor forma posible, a este grupo de periodistas. Os profesionais invitados son: Paz Ivison, de Madrid, profesional seleccionada polas revistas "Joyce" e "CQ". Redactora da pioneira "Club de Gourmets". É un dos nomes claves do xornalismo gastronómico e de viaxes en España. Foi Premio Nacional de Gastronomía e "Eva". Dende Canarias está Mario Hernández, responsable dunha páxina dominical no "Diario de Las Palmas", entre outros medios, cidade na que preside a Asociación da Prensa. Premio Nacional de Gastronomía. Experto e titulado en xestión de empresas e actividades turísticas, tamén é autor de varios libros e investigador alimentario, e a primeira autoridade xornalística en cociñas orientais.

Mikel Zeberio vén do País Vasco Navarro. Ten realizado seccións semanais en "Deia", e "Diario de Noticias" de Álava, Guipúzcoa, Navarra e A Rioxa, e outros medios do estado. Foi cociñeiro profesional, queixeiro, director da revista de viaxes "Viandar" e da guía de viños do mesmo nome, e mantense como experto asesor e promotor de proxectos de promoción turístico-gastronómica, como a Semana de Galicia na ONU, en colaboración con HG&T. Dende Madrid e Cantabria está Tayo Acuña, colaboradora da revista "Viajar", á que está vencellada actualmente despois de acreditadas foto reportaxes noutros medios, como o os do grupo Gourmets-Gourmetour. Vén tamén Susana Gómez, do Canal Cocina. Presentadora para esta prestixiada canle temática sen fronteiras, virá acompañada de persoal de gravación. Por último, participan dous portugueses. O primeiro é José Augusto Moreira, de Porto. Xornalista do diario e responsable do suplemento semanal de en gastronomía e viaxes do "Público", o máis influente no norte. Un dos divulgadores gastro-turísticos lusos de maior prestixio e coñecedor da cultura e recursos compartidos con Galicia. E André de Quiroga, de Lisboa. Influente comunicador e asesor en políticas gobernamentais, especializado en alimentación e turismo, e no impulso da modernización da cociña pública lisboeta.

Compartir: