Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta o proxecto "Carballo en...

PRÓRROGA DE 30 DÍAS PARA ULTIMAR A REMODELACIÓN DO MERCADO

O Concello presenta o proxecto "Carballo en movemento: Fomento da mobilidade no proceso de formación da xuventude local"

Luns 14 de febreiro do 2011

O partenariado deste proxecto está integrado por 4 socios europeos pertencentes a Reino Unido, Alemania, Italia e Polonia, que colaborarían como intermediarios na organización das estadías formativas dos beneficiarios, que se realizarían entre os meses de marzo e decembro de 2012 e nas que participarían 24 mozos e mozas carballeses. O Concello de Carballo, como promotor do proxecto, encargaríase da súa coordinación xeral, da información e selección dos mozos/as beneficiarios/as, da preparación previa á mobilidade, da titorización a distancia dos beneficiarios/as ou da difusión e avaliación do proxecto. Os responsables da iniciativa, de concederse a participación no programa Lifelong Learning: Leonardo da Vinci, serían o Concelleiro de Xuventude, Marcos Trigo, e a Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Paula Lema. No apartado de fomento do emprego, a Xunta de Goberno supuxo, así mesmo, a aprobación dun acordo de colaboración entre o Concello e a ForGA (Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galicia) para a realización de formación práctica non laboral de alumnos e alumnas, dentro das horas lectivas incluídas no curso de "Atención sociosanitaria a persoas no domicilio".

Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación dunha prórroga de 30 días -até o 15 de marzo de 2011- para o contrato da obra "Execución de remodelación do mercado municipal de Carballo". A empresa Decoraciones J. Bello realiza este trámite administrativo para poder ultimar nos próximos días a urbanización de beirarrúas no entorno da Gran Vía e outras melloras nos accesos e no entorno do edificio. Nestes momentos están practicamente rematados os traballos na segunda planta e tamén no soto, no que só quedan por ultimar pequenos detalles. A adxudicataria solicita a prórroga en base a pequenos atrasos provocados por situacións meteorolóxicas adversas. Por outra banda, nestes momentos os concesionarios da praza de abastos están traballando con toda normalidade, tanto nos postos interiores como nos exteriores, polo que o mercado está completamente operativo. Hai que subliñar que, na orde do día da Xunta de Goberno, quedou sobre da mesa a adxudicación do contrato administrativo especial de 'Concesión de bens de uso público para a colocación de tres puntos dixitais de información pública no municipio de Carballo'. A sesión supuxo, así mesmo, a concesión de 4 vaos permanentes, 2 licenzas de apertura por actividades molestas, 2 licenzas de obra e 2 licenzas de primeira ocupación.

Compartir: