Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 30 stands, con 27 establecementos...

NO SAN MARTIÑO NA FIN DE SEMANA DO 12 E 13 DE MARZO

Un total de 30 stands, con 27 establecementos comerciais de Carballo, conforman a III Feira das Oportunidades

Venres 18 de febreiro do 2011

A cita conta cun orzamento de 25.000 euros, que foron achegados polos propios establecementos participantes, polo Concello e pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, ademais do propio CCA "como promoción do sector", segundo explica Freire, porque "unidos somos máis fortes", subliña. En anos anteriores, a Feira ten congregado arredor de 25.000 persoas visitando o recinto, e a organización destaca o feito de que o domingo 13 de marzo coincida coa celebración da feira dominical, "que atrae a público de toda a bisbarra". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo felicitar aos comerciantes por esta iniciativa, "apostando sempre polo comercio local, para que non perda dinamismo" e non por outro tipo de feiras de outlets organizadas por empresas que non están relacionadas cos establecementos locais. Tamen subliñou que a carpa favorece que, durante unha fin de semana, exista un "espazo idóneo para poder mercar", especialmente destinado para atraer a compradores de toda a comarca. Tamén abondou no éxito que a iniciativa tivo e anos anteriores e desexou que a Feira sexa "o máis exitosa posible" e que "a xente non deixe de visitar e comprar".

María del Carmen Freire tamén explicou que non só houbo satisfacción en citas anteriores da iniciativa pola grande afluencia, senón que tamén se rexistrou una "satisfacción xeralizada" en canto aos ingresos e que no CCA están convencidos de que "a fórmula funciona". Así mesmo, a cita cumpre coa nova Lei de Comercio de Galicia e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, anunciou que o pleno ordinario do mes de febreiro abordará a constitución da Mesa do Comercio Local, unha das figuras recoñecidas na nova Lei. A relación de establecementos e entidades participantes nos 30 stands -nunha cifra similar a anos anteriores-, é a seguinte: Zona Sport, Calzados Anido, Adamela, Modas Alonso, Muebles la Ocasión, Benetton, Chiquikid's, Calzados Josefa, Tokes, Tamara moda plus, El desván, Pilar Mª paquetería, Meigallo, Moda Suárez, Calzados Kioba, Coco moda, O Rastrillo, Triades, Amar moda, Surf & Rock, Muebles A Casilla, Deportes San Remo, O barco dos soños, Modas Alba, Pilar moda infantil, Retoños, Sos Tronic. A eles hai que sumar un stand de La Voz de Galicia, o stand do CCA Carballo e unha área de descanso.

Compartir: