Inicio Carballo ao día Hemeroteca Última fin de semana da II Ruta do Pincho...

A CATA TEN LUGAR O XOVES 10 DE MARZO ÁS 19.00 HORAS

Última fin de semana da II Ruta do Pincho de Inverno e cata virtual de viño por vídeo conferencia no Telecentro

Xoves 3 de marzo do 2011

Ademais, hai que lembrar que a fin de semana do 5 e 6 de marzo é a última para desfrutar da II Ruta do Pincho de Inverno, e coa característica especial de que, coincidindo co Antroido, os pinchos estarán relacionados con ingredientes e pratos propios destas datas. Así mesmo, e con motivo do remate desta edición, o sábado 5 de marzo haberá unha actuación musical nos locais participantes, en horario de xantar e cea, a cargo do grupo AC Mediaducia. Esta cita pecha a cuarta Ruta do Pincho que se celebra dende a posta en marcha desta iniciativa que, en cada edición, implica que nos establecementos hostaleiros participantes se ofreza con cada consumición unha tapa elaborada de calidade ás horas de xantar e da cea durante as fins de semana. Así mesmo, nesta II Ruta do Pincho de Inverno haberá un único premio que se sorteará entre aquelas persoas que teñan completado a ruta ao completo, consumindo nos sete locais que participan nesta ocasión: Cafetería El Juzgado, Café-Vinoteca Ánfora, Restaurante Bergantiños, Restaurante O'Xabarín, Cafetería Habanos 79, Mesón Os Mareantes e Kasa Klandestino.

Peche do telecentro o martes de Antroido

O premio consiste nunha cea para dúas persoas por valor de 100 euros nun dos establecementos da Ruta do Pincho, que se sorteará entre todas as tarxetas introducidas polos clientes nas urnas de cada local. O sorteo realizarase no Museo de Bergantiños o venres 11 de marzo ás 18.00 horas. Ao agraciado no premio chamaráselle ata tres veces en intervalos de dous minutos. No caso de non responder procederase a un novo sorteo ata conseguir outorgar o premio. O Concello de Carballo poñerá en contacto ao premiado coa empresa encargadas de facer efectivo o premio, para que acorden datas e horarios, sempre tendo en conta a dispoñibilidade da propia empresa. Por último, hai que informar que a Aula Aberta do Telecentro de Comunicación de Carballo permanece pechada o martes 8 de marzo, martes de Antroido, xa que ten sido designado como un dos dous festivos locais do ano 2011, sendo o outro o día de San Xoán, 24 de xuño.

Compartir: