Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 8 carrozas e 20 comparsas xa...

OS VENRES CULTURAIS INCORPORAN A OBRA "0,7% MOLOTOV"

Un total de 8 carrozas e 20 comparsas xa están inscritas no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas de Antroido

Xoves 3 de marzo do 2011

Patricia Vázquez caracterízase pola súa polifacética traxectoria profesional xa que, ademais de participar como actriz en máis dunha vintena de obras de teatro, traballou como monologuista con Carlos Blanco en "Chapa e Pintura", co que visitaron o FIOT. Logo en solitario como unha das pioneiras mulleres monologuistas galegas. E actriz de dobraxe e realiza publicidade e, por suposto, salienta a súa participación en series da TVG como "Era Visto", ""Air Galicia", "Pepe o inglés" ou "Terras de Miranda" entre outras. O luns 7 continúa a programación con máis obradoiros para o público máis novo na Ludoteca Municipal de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 19.30 horas. E o martes 8 ten lugar a Festa e Baile de Disfraces para a Terceira Idade, que estará amenizada polo Dúo Época. Esta festa comeza ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. Ademais este mesmo día ten lugar o Enterro da Sardiña, a partir das 21.30 horas, que estará animada polo grupo de teatro da Asociación UDP de Sofán e Cruz Vermella e a Charanga os Chinchorros de Ferrol. Poderán participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de 4 persoas para acompañar a comitiva.

Teatro de Ningures nos Venres Culturais

Ademais, a Concellaría de Cultura informa de que a programación dos Venres Culturais 2011 vén a completarse este mes de marzo cunha nova función de teatro, a cargo da compañía Teatro de Ningures, que terá lugar o sábado 12 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura. Esta veterana compañía galega presenta o espectáculo "0,7% Molotov" xa que é a obra gañadora da última edición do premio de teatro Rafael Dieste , que organiza a Deputación da Coruña baixo a dirección do tamén autor do texto, Santiago Cortegoso. A obra enmárcase no contexto da hipócrita e consumista sociedade occidental, na que todo se merca en cómodos prazos. Neste marco EL-nihilista e solitario contrata a ELA-neohippy solidaria para que lle axude a vendimar as uvas. As uvas deste ano prometen un viño intenso, aromático, doce no padal. As personaxes serán representadas á vez polos actores Rocío González e Salvador del Río e polos bailaríns Armando Martén e Ana Beatriz Pérez, que interpretan o seu interior. Esta función comeza ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. O prezo da entrada é de 2,5 € ,o prezo reducido de 2 € e os aboados poderán entrar gratuítamente presentando na taquilla o abono do programa dos Venres culturais 2011.

Compartir: