Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha Feira internacional dedicada aos 5...

DO 19 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Unha Feira internacional dedicada aos 5 continentes centra as actividades de Panxea 2011

Venres 11 de marzo do 2011

O festival Panxea é una cita que xurdiu como un festival musical e gastronómico e nos últimos tempos tense convertido nunha cita máis relacionada coa multiculturalidade, mantendo o seu espírito gastronómico e estendendo a súa duración no tempo transcendendo a época da Semana Santa, á que estivo circunscrita nun principio. O primeiro Panxea tivo como obxectivo recadar fondos para a causa dos refuxiados saharauis, noutras ocasións centrouse no colectivo uruguaio da vila e o ano pasado a cita rexistrou un grande éxito de público, xa que á tradicional Feira Multicultural uniuse a Festa da Cervexa, que congregou a numerosos veciños e veciñas para desfrutar de bebidas e comidas directamente relacionadas coa celebración do Oktoberfest. En citas anteriores, tamén se teñen incluído festivais de cine e outras actividades para loitar contra a discriminación racial, sempre mantendo o caracter internacional do festival. Nesta edición ademais, a cita prolóngase durante tres semanas e mantén o lema de promocionar o pan de Carballo. O festival ten estado en distintas localizacións, dende o parque do San Martiño ata as inmediacións do Pazo da Cultura. Nesta quinta edición regresa á contorna da Praza do Concello. Para obter máis información sobre esta cita, os interesados e interesadas poden dirixirse á Oficina de Información Turística ou ao teléfono 981 702 077.

Compartir: