Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Goberno investiu doce millóns de euros...

MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA ACONDICIONAR CENTROS SOCIAIS

O Goberno investiu doce millóns de euros na creación de saneamentos nas parroquias nos últimos catro anos

Mércores 23 de marzo do 2011

O Alcalde resalta que nos últimos catro anos se teñen experimentado investimentos con cifras récord en todos os ámbitos, con achegas de fondos de case todas as administracións, tamén no rural, e con esforzos da administración local, como o investimento de case un millón de euros de fondos municipais en saneamentos en Artes. Outro dos capítulos que veñen recollidos no balance é o dos centros de ensino, coa creación de pavillóns polideportivos nos colexios de Gándara-Sofán e de Nétoma-Razo cun investimento de arredor de 500.000 euros, ou con melloras eléctricas nos centros do rural, "tendo en conta que as responsabilidades educativas non son do Concello", puntualiza o Alcalde, colaborando con lealdade institucional, pero sempre asumindo que é competencia da Consellería de Educación. Tamén hai que mencionar actuacións no litoral, como a transformación e modernización do peirao de Razo con novos servizos para mariñeiros, cun investimento duns 600.000 euros por parte de Portos de Galicia; a mellora da accesibilidade e a protección de taludes na praia de Razo; o acondicionamento dun aparcadoiro na Pedra do Sal ou a ampliación do distintivo da Bandeira Azul ás Saíñas.

Outro dos capítulos é a especial atención prestada á rede viaria municipal, que chega aos 1.200 quilómetros de lonxitude. O Alcalde subliña as actuacións en seguridade e a creación de beirarrúas en travesías en Bértoa, Entrecruces, Rus ou Ardaña, ou a travesía do Fondal, que mellorou a comunicación entre Berdillo e Bértoa e a seguridade na contorna do cemiterio, ademais da relación de melloras en pistas, accesos ou camiños cun máis de 90 actuacións. Hai que mencionar así mesmo a rotonda e os accesos ao polígono de Bértoa e non hai que esquecer os proxectos en parques infantís, fontes, instalacións deportivas ou as iniciativas de Carballo Saudable, con actividades de educación física no rural. Así mesmo, ampliáronse adros de igrexas e creáronse zonas de estacionamento en cemiterios, prestando atención á mellora e mantemento das vías de comunicación e ás reposicións precisas no alumeado público, "atendendo o día a día e dando dinámica de vida", en verbas de Luís Lamas, que engade que se quere contribuír, tamén, ao mantemento cotián dos servizos básicos. O Concelleiro de Obras destaca que "queda moito por andar, pero os piares para facer do territorio un bo sitio para vivir están feitos"."Está ben que sexamos esixentes, pero é verdade que o que está feito está aquí para calquera veciño que o queira consultar", remata Ferrero.

Compartir: