Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo recibe un millón de euros en...

O INVESTIMENTO TOTAL PREVISTO É DE 2,8 MILLÓNS DE EUROS

Carballo recibe un millón de euros en cretos das axudas á reindustrialización para activar tres proxectos empresariais

Venres 25 de marzo do 2011

stas cifras foron presentadas no salón de plenos do Concello de Carballo polo Director Xeral de Industria do Ministerio de Industria, Jesús Candil, que estivo acompañado polo Deputado nas Cortes Xavier Carro; por Félix Porto, presidente do Pacto do Emprego, organismo encargado de xestionar estas axudas dirixidas a empresarios e emprendedores e destinadas a impulsar dende o territorio a presentación de proxectos xeradores de actividade económica e emprego; por Evencio Ferrero, Presidente da Asociación do Pacto e Alcalde de Carballo; e polo Alcalde de Malpica, Ramón Varela Rey. Tamén estiveron no acto o Tenente de Alcalde carballés, José Antonio Viña; a deputada socialista Marisol Soneira; e o Concelleiro de Promoción Económica de Carballo, Xosé Manuel García Guillín. Ademais dos proxectos estrictamente empresariais, as axudas tamén se abriron para a creación de infraestruturas, neste caso con proxectos nos Concellos de Cabana, Camariñas, Muros, Vimianzo e Zas por 2.982.000 euros, cunha subvención a fondo perdido de 600.000 euros e 1.224.000 euros en cretos a interese cero. Jesús Candil quixo subliñar o "excelente labor" do Pacto do Emprego na elaboración dos informes que permitiron a concesión das axudas e amosou a intención do Ministerio de seguir colaborando no futuro.

Así mesmo, Candil quixo resaltar o carácter "vertebrador" das iniciativas, que non se limitan a zonas xa industrializadas, senón que se estenden a todo o territorio. Por último, manifestou a intención de Industria de continuar nesta liña no futuro "e cremos que non haberá inconvinte para manter en 2012 cifras parecidas". "Cremos que hai capacidade de investir na zona", engade, "e tamén vontade política de seguir". O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixo agradecer ao Ministerio de Industria a "sensibilidade, a colaboración e os avances para a Costa da Morte" e lembrou "que as administracións deben ser impulsoras para que os proxectos se desenvolvan con normalidade". Neste sentido, aproveitou para demandar "con toda a lealdade institucional" que Xestur Coruña, entidade encargada do desenvolvemento da ampliación do parque empresarial de Bértoa, cuxos traballos de urbanización están rematados hai máis dun ano, que axilice os trámites administrativos, porque "a non resolución destes trámites pode poñer en perigo proxectos que están pendentes de implantación". Ferrero salienta que "ningún proxecto empresarial pode perder as axudas por circunstancias administrativas" nin por demoras alleas aos empresarios e emprendedores, polo que, aproveitou para solicitar que "Xestur Coruña levante a situación administrativa para que os empresarios poidan contar coa súa licenza", e finalmente poder implantarse o antes posible no polígono de Bértoa.

Compartir: