Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Goberno carballés saca adiante no pleno...

O INVENTARIO MUNICIPAL DE BENS CHEGA A 267 MILLÓNS DE EUROS

O Goberno carballés saca adiante no pleno un orzamento de 20,5 millóns de euros para o ano 2011

Martes 29 de marzo do 2011

Outro dos asuntos da orde do día foi a aprobación da actualización do Inventario Municipal de Bens do Concello de Carballo, que conta cun patrimonio de 267.803.021,37 euros a 31 de decembro de 2010, cun incremento de 9 millóns de euros respecto de 2009, debido, en grande parte, á creación de novos edificios públicos, como o recinto do Fórum Carballo, o novo edificio do mercado municipal, ou a nova rede de centros sociais nas parroquias. Ademais, tamén hai que contabilizar as melloras realizadas noutras construcións e edificios, especialmente no casco urbano, ou as cesións a particulares para a urbanización de polígonos. Debido a estas incorporacións, a diferencia con respecto ao 31 de decembro de 2009 é notable, xa que entón o valor do Inventario de Bens era de 258.432.995,61 euros. Ademais, o incremento no valor respecto de 2008 chega ata os 14 millóns de euros. En concreto, o Concello conta con 12.941 bens, dos cales 7.783 son inmobles e 4.784 son bens mobles. O Inventario Municipal de Bens aprobouse por primeira vez no ano 2007, despois de estar varios meses a disposición dos veciños e superar os trámites pertinentes. Nel están incluídas todas as propiedades do Concello de Carballo, dende os colectores de lixo, ata o edificio da Casa do Concello ou os mobles e equipamento dos edificios municipais ou as fincas rústicas.

Por último, a orde do día do pleno contaba con outros dous puntos na orde do día. Por un lado, a resolución de alegacións e a aprobación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Carballo. A RPT inclúe unha relación da estrutura organizativa de tódolos postos de traballo do Concello -arredor de 200- e valora cada posto de traballo e qué obrigas lle corresponden a cada empregado. Nalgúns casos as alegacións foron desestimadas e noutros, como na proposta dun Policía Local, foron atendidas. Por outra banda, o pleno abordou o recoñecemento extraxudicial de crédito do Concello do exercicio 2011, que se somete a aprobación para poder abonar as facturas que por diversos motivos non se pagaron en 2010. Algunas delas por entrar fóra de prazo, outras por encomendas de anos anteriores ou porque os créditos estaban esgotados. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliña que "sempre nos gustaría que a cifra fora inferior cada ano, pero, en todo caso, trátase dun recoñecemento mellor que o do ano anterior". Así, a cifra é de 532.351,90 euros.

Compartir: