Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo participa como socio no...

DENTRO DO PROGRAMA EUROPEO: XUVENTUDE EN ACCIÓN

O Concello de Carballo participa como socio no proxecto europeo "B-movie: a star in the EU"

Xoves 3 de marzo do 2011

Neste proxecto pretendese usar o vídeo en todos os seus formatos non só como elemento de documentación, senón tamén para a difusión e promoción a participación. Deste xeito, existirá un intercambio de experiencias entre os participantes, que darán a coñecer a realidade na que viven, para a realización dun vídeo conxunto. Os interesados e interesadas en anotarse poden obter máis información na Concellaría de Xuventude no teléfono 981 704 700 ou no correo electrónico <xuventude@carballo.org>. O programa 'Xuventude en acción' ten como finalidade desenvolver a cooperación no eido da xuventude no marco da Unión Europea. Os informes de avaliación intermedia do programa "Xuventude" existente e a consulta pública sobre o futuro da acción comunitaria en materia de educación, formación e xuventude poñen de manifesto unha perentoria necesidade de proseguir as actividades de cooperación e de mobilidade no eido da xuventude a escala europea, e piden procedementos máis simples, máis flexibles e máis accesíbeis. Os obxectivoz

Son obxectivos xerais do programa promover a cidadanía activa da xuventude, en xeral, e a súa cidadanía europea, en particular; potenciar a solidariedade e promover a tolerancia da xuventude, sobre todo coa fin de reforzar a cohesión social da UE; favorecer o entendemento mutuo entre a mocidade de países diferentes; contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades da mocidade e a reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da xuventude; e favorecer a cooperación europea no ámbito da xuventude. O programa estará destinado a apoiar proxectos sen fins de lucro a favor da mocidade, os grupos de mozos, as persoas que traballan no ámbito da mocidade e en organizacións xuvenís, organizacións e asociacións sen ánimo de lucro e, en casos debidamente xustificados, os demais axentes que traballan no eido da xuventude. O programa estadirixido á xuventude de 15 a 28 anos, aínda que algunhas accións serán accesíbeis a mozos e mozas dende os 13 até os 30 anos. Os beneficiarios deberán residir legalmente nun país participante no programa ou, en función da natureza da acción, nun país asociado.

Compartir: