Inicio Carballo ao día Hemeroteca Primavera enDanza pecha coa orixinal proposta de...

VENRES 8 E SÁBADO 9 DE ABRIL NO PAZO DA CULTURA

Primavera enDanza pecha coa orixinal proposta de Aracaladanza e cun "gran banquete" chegado de Valencia

Xoves 7 de abril do 2011

A compañía madrileña Aracaladanza é unha vella coñecida do público carballés, tendo visitado o Pazo en varias ocasións e obtendo un grande éxito cun cheo do Auditorio o ano pasado con "Pequeños paraisos". "Nubes" é a última fantasía dsta compañía, e forma parte dunha triloxía que comenzou precisamente con "Pequeños Paraísos" e que esta ocasión da paso a unha peza inspirada nas obras de René Magritte, un dos grandes pintores surrealistas, para emprender unha viaxe misteriosa, poética e fascinante. Como nos seus cadros, este espectáculo é como un soño no que todo é posible. Pero soños para espertarnos, non para durmir. ¡Que bonito é permanecer nas nubes! Aracaladanza é unha compañía referente da danza infantil dentro e fóra de España. O Ministerio de Cultura recoñeceu o seu compromiso co Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Xuventude 2010, destacando a súa esixencia estética, artística e técnica e o dominio dunha dramaturxia visual e poética. Este galardón súmase a moitos outros recibidos como numerosos Premios Max ou premios ao mellor espectáculo na Feira Europea de Teatro para Nenos, o último tamén con Nubes. Mostra da súa proxección internacional é a coprodución neste espectáculo, entre outros, polo Sadler's Wells Theatre de Londres. Esta cita conta coa colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

A cita do sábado, máis orientada para o público adulto, combina a danza co teatro e os audiovisuais coas composicións sonfónicas do mestre Chapí. Cun aire fresco, dinámico, lúdico e cómico desenvólvense unha serie de coreografías nas que a realidade e a fantasía están separadas por unha difusa liña. A elegancia, o ritmo e a poesía determinan a expresión física desta obra, característica común aos traballos de Otra Danza. Esta compañía valenciana foi creada pola coreógrafa, directora artística e bailarina Asun Noales no ano 2007. Desde entón, os seus traballos participaron en distintos festivais e certames nacionais e internacionais conseguindo numerosos premios. Otra Danza son un proxecto que aspira a crear un traballo interdisciplinar de artistas que sexa capaces de abrir novas fiestras ou miradas sobre a danza. Presende ser un novo espazo de propostas, unha plataforma que una esforzos para o desfrute comun da danza. A compañía tamén pretende amosar o seu entusiasmo polo corpo como alfabeto primario na creación, co obxectivo por transmitir a través dunha liña etérea e volátil da carne que baila. Otra Danza quere facer que a liña que separa ao espectador do bailarín sexa cada vez máis delgada para que cada coreografía sexa unha viaxe. A súa invitación para "El Gran Banquete" é clara: "Gocen sendo parte dunha festa exclusiva".

Compartir: