Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde recibe ao equipo de cadetes do...

PODERÁN XOGAR EN MAIO A COPA DE ESPAÑA

O Alcalde recibe ao equipo de cadetes do Balonmán Xiria que se acaba de proclamar Campión Galego

Venres 8 de abril do 2011

A plantilla do Vipecón Xirira cadete está formada por un tota de 16 xogadores: os porteiros Martín Gomez "Zúpez" e José Armando Mallo; os xogadores de primeira liña Martín Alfeirán, Alejandro García, Luís Iglesias e Julián López; por Jorge Bouzas, Eduardo Trillo, Rubén Gómez e Alberto Pereira; polo lateral Cristian Gómez; polo segunda liña Alejando Calvete; e polos extremos Rubén Anes, Javier Rodríguez, Óscar Esmorís e Miguel Bermúdez. Este conxunto aspira a superar a fase clasificatoria do Campionato de España pasando a competir entre os oito mellores equipos do país. O adestrador considera que hai posibilidades, sobre todo tendo en conta que os rivais son vellos coñecidos do equipo e tense xogago contra eles con moitas posibilidades de victoria. Respecto ao rendemento do club nesta tempada, o Alcalde quixo subliñar que se avanzou moito en todas as categorías, e Fernando Vázquez subliña que os cadetes (de entre 14 e 16 anos) están pasando "unha etapa de formación e o importante e que se sigan formando como xogadores e no xogo de equipo". Tamén resaltou que nos últimos meses "teñen mellorado moito, e aínda lles queda moito por diante". Tanto o adestrador como a plantilla tiveron a oportunidade durante a recepción de asinar no libro de honra do Concello.

O Alcalde, Evencio Ferrero, que estivo acompañado na recepción polo Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ademais de transmitir os parabéns pola boa tempada dos cadetes, lembrou como un equipo cadete que tamén fora recibido polo Alcalde ten xogadores que están agora en Primeira División, desexando que agora chegue a ocorrer o mesmo. Desexoulles aos integrantes do equipo que teñan a "ocasión de seguir progresando no deporte", porque é "sacrificio", pero "tamén ten momentos de satisfacción". Animou aos xogadores a "representar a Galicia e tentar chegar o máis arriba posible" e quixo animar así mesmo á afición para que sigan arroupando ao equipo nos pavillóns, ao igual que o ten feito durante esta tempada. "Dádenos a oportunidade de seguir desfrutando do balonmán", rematou Ferrero. Por último, o adestrador tamén falou do futuro e das posibilidades do equipo xuvenil para o próximo ano, sendo o obxectivo xogar por acadar o Campionato Galego tamén nesa categoría. Por último, recolleu un soño máis ambicioso, a arela do equipo sénior do Calvo Xiria de poder chegar a xogar algún día na Liga Asobal con xogadores de Carballo. Un desexo que afirma que é posible "pouco a pouco, con traballo e esforzo".

Compartir: