Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 160 rapaces participan o 16 e 17 de...

CATEGORÍAS ALEVÍN, INFANTIL E CADETE: PISCINA CARBALLO CALERO

Arredor de 160 rapaces participan o 16 e 17 de abril no Campionato Galego de Salvamento Acuático en Augas Pechadas

Xoves 14 de abril do 2011

O presidente do Club Sysca, pola súa banda, mencionou a boa tempada que levan os seus, especialmente no campionato nacional VII Trofeo Ciudad de Cáceres, desputado o pasado mes de marzo e que se saldou cun balance de 16 medallas de bronce para os do Sysca con 4 terceiros postos nas probas de relevos. Tamén rexistrou o récord galego do equipo cadete masculino do Sysca, unha marca que levaba imbatida dende o ano 2004, na proba de 4x12,5 arrastre manequí. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, lembrou que a vila é un bo exemplo de escolas deportivas en deportes tan distintos como o hockei ou o fútbol, o baloncesto e o balonmán entre outros. "Moi poucos concellos coma o noso teñen unha diversidade e unha calidade deportiva como a do noso" no que se refire ás categorías inferiores, endage Ferrero, que asegura que o Concello seguirá apostando "polo fomento das escolas". O Alcalde subliñou así mesmo o modelo de xestión do deporte de Carballo "no que prima o interese público e social" e coa "xestión pública das instalacións deportivas". Para rematar, desexoulles grandes éxitos aos membros do club Sysca para o Campionato Galego e doulles a noraboa pola organización desta cita en Carballo.

O club deportivo Salvamento e Socorrismo Carballo (Sysca) fundouse o 8 de maio de 1990, non obstante a idea xurdiu en maio de 1989 durante a celebración duns cursos que se impartiron en INEF Galicia (Bastiagueiro), aos que acudiron os monitores da piscina municipal de Carballo, sendo estes os fundadores do club. A súa creación debeuse principalmente a que os monitores e socorristas, en especial os que desempeñaban esta última función nas praias de Razo e Baldaio, necesitaban unha preparación física idónea. O 8 de maio de 1990 asinouse a acta fundacional, o club quedou inscrito no 16 de outubro de 1990 no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia. O club Sysca foi o primeiro club de Salvamento de Galicia. A primeira proba organizada na piscina polo club foi en maio de 1992, un Tetratlón (200 m. natación libre con obstáculos, 100 m. combinada de salvamento e 50 m. rescate de manequí); o gañador foi Manuel Andrade Vázquez. Xa nos últimos anos, o 9 e 10 de febreiro de 2002 o club Sysca acode por vez primeira a un Campionato de España de Clubs en representación propia. Na actualidade, a súa traxectoria non deixa de medrar.

Compartir: