Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o Venres Santo coa tradicional...

CENTOS DE FIEIS CELEBRARON O DOMINGO DE RAMOS

Carballo conmemora o Venres Santo coa tradicional procesión que percorre as rúas da capital municipal

Luns 18 de abril do 2011

Así, o Xoves Santo os actos comezan ás 19.00 horas na Igrexa Parroquial coa Misa da Cea do Señor e o tradicional Lavatorio dos pés, que reproduce o momento en que Xesucristo lle lava os pés aos seus discípulos durante a Última Cea. Ás 22.00 horas é o Via Crucis con saída desde a Capela da Milagrosa, reproducíndose os distintos momentos dende que Cristo é apresado ata a crucifixión no Calvario, cun total de 14 estacións sendo a última o momento do sepulcro. Ás 23.00 horas é a Hora Santa, en lembranza da agonía sufrida polo Señor na Horta dos Olivos. O Venres Santo hai outro Vía Crucis, ás 9.00 horas, e xa pola tarde, ás 19.30 horas, é a celebración da Paixón e Adoración da Cruz como preparación para a procesión que sae da Igrexa Parroquial ás 21.00 horas e que leva as imaxes do Cristo da Mocidade, o Santo Cristo da Milagrosa, o Santo Enterro (San Cristovo) e que pecha Nosa Señora das Dores. A procesión, remata na Praza do Concello cunha oración conxunta. As actividades da Igrexa Parroquial para a Semana Santa rematan o Sábado Santo ás 23.00 horas coa Solemne Vixilia Pascual e o Domingo de Pascua, ás 12.30 horas, coa Misa de Resurrección e Bautismos.

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden consultar a web da parroquia <wwww.parroquiacarballo.com>. Tamén é posible descargar o programa de actividades ao completo en pdf nesta mesma nova.

Compartir: