Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación celebra o pleno de fin de...

APROBACIÓN DO REGULAMENTO DE SEGUNDA ACTIVIDADE DA POLICÍA

A corporación celebra o pleno de fin de mandato abordando a delegación dos expedientes de tráfico na Deputación

Mércores 20 de abril do 2011

Outro dos asuntos da orde do día é a aprobación definitiva da resolución de alegacións do Regulamento de recoñecemento e aplicación da situación administrativa de segunda actividade para o colectivo da Policía Local de Carballo. Houbo un total de 7 alegacións, sendo realizadas tanto por organizacións sindicais como por axentes da Policía Local a título individual. Algunhas destas suxerencias foron aceptadas parcialmente e outras desestimadas, aínda que, en conxunto, o goberno considera que "con todas estas achegas o texto queda moito máis completo e mellor articulado". Aproveitando a celebración da sesión plenaria ordinaria do mes de abril, a orde do día tamén inclúe o sorteo para a selección dos compoñentes das mesas electorais para as eleccións municipais que se celebrarán o día 22 de maio de 2011. O procedemento realízase a través dun programa informático, de tal xeito que ao remate do pleno todos os grupos da corporación dispoñen xa do listado cos integrantes das mesas. Por último, a sesión inclúe o Recoñecemento extraxudicial de crédito do Padroado Deportivo Municipal, que ascende a 5.048 euros e que se corresponde con facturas presentadas ao longo de 2011. A maior parte desta cantidade (máis de 4.000 euros) refírese ao importe de traballos de mellora realizados nas instalacións deportivas municipais.

Os interesados e interesadas en consultar a orde do día ao completo, poden facelo nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: