Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra os 50 anos de "Memorias dun...

MARTES 26 DE ABRIL ÁS 11.00 E ÁS 16.00 HORAS

Carballo celebra os 50 anos de "Memorias dun neno labrego" cunha charla con Neira Vilas

Luns 25 de abril do 2011

Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), o autor da obra, é membro da Real Academia Galega, doutor honoris causa polas universidades da Coruña e da Habana (Cuba), premio da crítica española en narrativa, premio da crítica galega en ensaio e posúe, ademais e entre moitos outros recoñecementos, a medalla Castelao. Entre as súas múltiples obras, ademais das "Memorias dun neno labrego" pódense destacar outras novelas como "Historias de emigrantes" (1968), "Cartas a Lelo" (1971), "Remuíño de sombras" (1973), "Aqueles anos do Moncho" (1973), "Relatos mariñeiros" (2003), ou ensaios como "Castelao en Cuba" (1983), "Memoria da emigración" (1994) ou "Presenza galega en Cuba" (2010). Ademais da conversa pola mañá cos rapaces e rapazas dos centros de ensino, este mesmo martes, ás 16.00 horas, desde o Telecentro de Carballo, o autor participará tamén nunha conversa a través de videoconferencia co Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, Arxentina, precisamente a cidade onde se publicaron hai 50 anos as "Memorias dun neno labrego".

Compartir: