Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aspaber e Apem organizan en Carballo un encontro...

XOVES 5 DE MAIO NO PAVILLÓN VILA DE NOIA

Aspaber e Apem organizan en Carballo un encontro lúdico deportivo nunha xornada de convivencia

Venres 29 de abril do 2011

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, mencionou especialmente que na vila "temos a fortuna de contar con estas entidades, pioneiras e exemplares". Para Ferrero, "este novo paso é un exemplo desta colaboración e desta exemplaridade á sociedade carballesa". Así mesmo, manifestou o agradecemento do Concello a Apem e Aspaber pola organización deste encontro xa que "é fundamental que o conxunto da sociedade teñamos uns espazos de ocio e convivencia onde sentirnos integrados". Por último, desexou que se "fomenten e se realicen moitas e moi diferentes actividades e que a sociedade coñeza o traballo destas dúas asociacións", ademais de que esta actividade pode supoñer "un paso máis cara a integración". Por otra banda, Esther Monterroso quixo destacar que a organización desta xornada supón a mobilización de moita xente, incluídos moitos membros das entidades e subliñou que "as persoas con discapacidade van por diante de nós, porque sempre están dispostos para facer cousas e colaborar".

Respecto ás entidades que organizan esta cita, a Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños, nace no ano 1976 co obxectivo de contribuír a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns. A Asociación Pro Enfermos Mentais desenvolve unha escola de familia e grupos de autoaxuda ou un programa de actividades sociais, ademais de desenvolver obradoiros e contar con vivendas tuteladas na provincia da Coruña. Na presentación da actividade tamén estiveron o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e a psicóloga do Centro de Carballo, Isabel Varela.

Compartir: