Inicio Carballo ao día Hemeroteca Estanco Varela, gañador do Concurso de...

O BARCO DOS SOÑOS E ADAMELA ACADARON O 2º E 3º PREMIO

Estanco Varela, gañador do Concurso de Escaparatismo do Plan de Mellora da Imaxe Comercial de Carballo

Venres 29 de abril do 2011

Ao longo do Plan de Mellora da Imaxe comercial realizáronse entrevistas individualizadas entre os 24 establecementos participantes nas que se analizaron os rótulos, a iluminación, o xeito en que están expostos os produtos, o mobiliario ou a rendibilidade do punto de venda. Con eses datos elaborarouse un informe coas carencias e fortalezas da tenda, ademais dunha ficha técnica do establecemento. A partires de aí, ofrecéronse as indicacións para mellorar a imaxe e para conseguir obter o máximo rendemento do local e do negocio. Así mesmo, organizáronse charlas de formación, recollendo consellos e actuacións que se poden realizar, incluso tendo en conta parámetros empregados en grandes empresas comerciais. O obxectivo é mellorar os establecementos a curto, medio e longo prazo. Unha vez realizado o informe, os establecementos interesados puideron participar no Concurso de Escaparatismo, onde se puido comprobar a rendibilidade dos consellos recibidos para sacarlle o maior partido posible aos expositores dos locais. Hai que lembrar, así mesmo, que o Plan de Reactivación e Dinamización Empresarial no que se enmarca esta iniviativa tamén ten en marcha seis liñas de axuda (internacionalización, marketing, mellora da situación financieira, mellora na xestión de cobros, planificación estratéxica, e Q de calidade turística) destinadas a autónomos, empresas e grupos de empresas que exerzan a súa actividade do municipio co obxecto de axudarlles a mellorar nalgúns dos seus aspectos clave.

Compartir: