Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas catro actuacións para...

APROBADAS AS BASES PARA A SUBVENCIÓN DE ACTIVIDADES PUNTUAIS

Adxudicadas catro actuacións para subministros e equipamentos do complexo Fórum Carballo por máis de 200.000 euros

Luns 9 de maio do 2011

O terceiro dos contratos administrativos que adxudicou a Xunta de Goberno refírese ao "Subministro de equipamento de maquinaria de cafetería na nave núm. 4 destinada a taller de cociña-cafetería da obra Fórum-Carballo". A empresa adxudicataria é Migan SA e o prezo de adxudicación ofertado é de 36.014,04 euros. O prazo total de garantía é igual ao de mantemento e chega aos 16 meses. A entrega e instalación deste subministro realizarase no prazo de dúas semanas. Por último, adxudicouse o contrato para o "Subministro de equipamento de aspiración e filtración das cabinas de soldadura na nave nº 3, destinada a taller de soldadura da obra Fórum-Carballo". Neste caso a actuación supón a dotación dun sistema canalizado de aspiración para cada unha das cabinas de soldadura da nave. A empresa adxudicataria é Alteni Global SL e o prezo de adxudicación deste subministro é de 83.899,62 euros. A garantía e o prazo de mantemento ofrecido pola empresa chega aos 12 meses. A entrega da instalación efectuarase nun prazo de cinco semanas. En total, o importe das catro adxudicacións chega aos 210.584,15 euros. Segundo José Antonio Viña, despois destas actuacións tan só resta unha parte de trámites e melloras "mínima" para poder ocupar as instalacións.

No apartado de contratacións, a Xunta de Goberno tamén supuxo a aprobación do expediente do contrato administrativo de obra "Ampliación do proxecto de reposición de camiños nas parroquias do Concello de Carballo", incluída no Plan de Reinvestimento de Remanentes do PAC-2. Anualidade 2011. O orzamento de licitación por contrata chega aos 81.762,14 euros e entre os criterios de adxudicación están a oferta económica, o programa de traballo, o programa de actuación medioambiental ou o plan de control de calidade. Así mesmo, esta sesión ordinaria incluíu na orde do día as Bases de subvencións para a realización de actividades puntuais para Asociacións culturais para o ano 2011. O obxectivo destas axudas é contribuír á promoción da cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e a potenciación do seu papel no desenvolvemento cultural, así como favorecer o acceso á cultura dos cidadáns de Carballo e fomentar a diversidade de propostas neste ámbito. Para a concesión destas subvencións destinarase un orzamento de 22.000 euros. Por último, a Xunta de Goberno aprobou provisionalmente o Plan Especial de dotacións para o establecemento dun centro docente en solo rústico de protección ordinaria na Avenida de Razo, nº 80 de Carballo, relativo ao centro de ensino Artai.

Os interesados e interesadas en consultar a orde do día poden facel nesta mesma nova, nun documento en pdf.

Compartir: