Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa na edición de "Os...

COLABORAN TAMÉN OS CONCELLOS DE MALPICA, PONTECESO E ZAS

Carballo participa na edición de "Os meus favoritos", guía para difundir o uso do galego en Internet

Martes 10 de maio do 2011

Ademais, desde o ano 1963 celebramos e reivindicamos o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a nosa lingua e as nosas letras pero, a partir de 2006, ese mesmo día celebramos, ademais, o Día de Internet. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindible entre a lingua e a rede. A guía "Os meus favoritos" recolle enderezos de sitios web en galego de todo tipo, desde páxinas para comprar orixinais camisolas, até sitios para escoitar a música galega emerxente, para consultar información cultural ou deportiva ou para xogar en rede ao Trivial ou ao Catapalabras. Tamén recolle información sobre como configurar en galego os sistemas operativos, paquetes ofimáticos ou navegadores máis populares ou como usar en galego o Facebook ou o Tuenti. A propia guía recolle, ademais, un dos seus obxectivos: "Todas as galegas e todos os galegos temos a oportunidade de participar no mundo globalizado da rede con identidade propia a través da nosa lingua e debemos ver Internet como unha ferramenta de comunicación, creación, difusión, participación e opinión que pode e debe integrarnos nun contexto internacionalizado desde a nosa identidade".

Os interesados e interesadas poden descargar a guía en formato pdf nesta mesma nova.

Compartir: