Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación aborda a aprobación...

VENRES 13 ÁS 13.30 HORAS

A corporación aborda a aprobación definitiva dos orzamentos do Concello para 2011 nunha sesión plenaria extraordinaria

Xoves 12 de maio do 2011

No que respecta á quinta alegación, presentada en solitario polo sindicato CESIF, refírese ao capítulo de investimentos do orzamento. Así, reclama que non existe suficiente crédito para afrontar os gastos de urbanización derivados do desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para o ano 2011. Afirman que debería destinarse un 5 por cento do orzamento a xestións urbanísticas. No caso desta alegación, os informes dos técnicos municipais tamén decretan a súa desestimación. O documento sométese, por tanto, na sesión plenaria, á súa aprobación definitiva. Outro dos puntos da orde do día aborda, así mesmo, a aprobación definitiva da delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en Arnados, parroquia de Razo. Con este trámite modifícase a cualificación dun pequeno ámbito que pasa de ser solo urbano consolidado a non consolidado para permitir reiniciar o proxecto de urbanización, realizar as cesións correspondentes e edificar nesta zona. Por último, a sesión inclúe o informe de intervención e tesourería do cumprimento da lei de loita contra a morosidade, que inclúe as facturas pendentes de pago até o 31 de marzo de 2011: hai facturas abonadas fora dos 50 días que marca a Lei, pero pagadas, por 234.000 euros; e facturas pendentes aínda de pago por 153.000 euros.

Compartir: