Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación carballesa despide o mandato...

GARDOUSE UN MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DE LORCA

A corporación carballesa despide o mandato coa aprobación definitiva en sesión plenaria dos orzamentos para 2011

Venres 13 de maio do 2011

Coa aprobación definitiva do documento tamén saíu adiante a desestimación dunha quinta alegación, presentada en solitario polo sindicato CESIF, que se refire ao capítulo de investimentos do orzamento. Así, reclama que non existe suficiente crédito para afrontar os gastos de urbanización derivados do desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para o ano 2011. Afirman que debería destinarse un 5 por cento do orzamento a xestións urbanísticas. No caso desta alegación, os informes dos técnicos municipais tamén decretaron a súa desestimación, como foi ratificado polo pleno. Outro dos puntos da orde do día, que neste caso foi aprobado por unanimidade, supuxo a aprobación definitiva da delimitación dun polígono de solo urbano non consolidado en Arnados, parroquia de Razo. Con este trámite modifícase a cualificación dun pequeno ámbito que pasa de ser solo urbano consolidado a non consolidado para permitir reiniciar o proxecto de urbanización, realizar as cesións correspondentes e edificar nesta zona. Por último, a sesión incluíu a dación de conta do informe de intervención e tesourería do cumprimento da lei de loita contra a morosidade, que recolle as facturas pendentes de pago até o 31 de marzo de 2011. A sesión durou arredor de 50 minutos nun ambiente marcado polos próximos comicios, tanto por parte dos membros da corporación como do escaso público asistente.

Compartir: