Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Programa das Letras 2011 ofrece teatro de...

SABADO 21 DE MAIO ÁS 21.00 HORAS

O Programa das Letras 2011 ofrece teatro de obxectos con música en directo en homenaxe a Lois Pereiro

Xoves 19 de maio do 2011

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos, de familia procedente do Incio. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o COU marchou a Madrid, onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao vidro, regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Neste periodo entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel, participando en varias antoloxías. Publicou dous poemarios en vida, "Poemas 1981/1991" (1992) e "Poesía última de amor e enfermidade" (1995), que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", publicado no nº 27 de Luzes de Galiza. En xuño de 2010 a RAG publicou a súa decisión de adicarlle o Día das Letras. A Academia apreciou: "Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto".

Compartir: