Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello contribúe ao repoboamento e...

ARRANXO E LIMPEZA DOS APARCADOIROS DA CAPITAL MUNICIPAL

O Concello contribúe ao repoboamento e ornamentación do parque de Rego da Balsa coa plantación de árbores autóctonas

Venres 20 de maio do 2011

Por outra banda, estes días estase procedendo á mellora e limpeza dos espazos de estacionamento libre situados na capital municipal. Así, esta semana foi a quenda do aparcadoiro da Horta do Casino, situado entre as rúas Ponte e Camiño Novo, e está previsto que se continúe coa mellora do resto das zonas de estacionamento libre do centro carballés como Rego da Balsa, o parque do San Martiño, o Pazo da Cultura, a Vila de Negreira, o entorno do CEIP A Cristina ou a situada a carón do IES Alfredo Brañas. Así mesmo, hai que lembrar que hai uns días o Concello chegou a un acordo cos propietarios de terreos entre as rúas Río e Xirona para que cedan este solar para convertelo nunha nova zona de estacionamento. Así, a cesión prodúcese a cambio de que a administración local manteña o espazo acondicionado e en bo estado. Trátase dunha parcela que, segundo o Concelleiro de Tráfico, Benedito Viña, proporciona arredor de 45 novas prazas de estacionamento libres de limitación de tempo. Con esta nova incorporación, a capital municipal supera as 2.500 prazas de estacionamento libre de vehículos en solares. Viña tamén explica que se mantiveron nos últimos días contactos con outros propietarios de terreos na capital municipal para poder facilitar a creación de novos espazos de estacionamento no futuro.

Compartir: