Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xogar na Rúa pecha as actividades de...

SÁBADO 4 DE XUÑO ÁS 17.00 HORAS

Xogar na Rúa pecha as actividades de Deporte en idade escolar, nas que teñen participado preto de 2.500 nenos e nenas

Martes 31 de maio do 2011

O xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello, subliñou os 20 anos de historia de Xogar na Rúa, unha iniciativa pola que "teñen pasado un montón de monitores e colaboradores", algún deles nais ou pais dos propios rapaces. Tamén quixo subliñar que nesta ocasión participan os alumnos e alumnas do CEIP Canosa-Rus, un centro que, aínda que despois do deslinde pertence ao Concello de Coristanco, conta con numerosos alumnos e alumnas de Carballo que asisten a Xogar na Rúa grazas á colaboración entre a Asociación A Braña e o Concello caballés. O Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo, quixo resaltar que Xogar na Rúa é unha cita "consolidada" e "de referencia" non só na vila, senón en toda a comarca e o Alcalde en funcións, Evencio Ferrero, manifestou que "Carballo é deporte", algo que precisamente se porá de manifesto o sábado 4 de xuño na Praza do Concello, demostrando a "extraordinaria saúde do deporte carballés". Unha saúde que se expresa, non só a través dos títulos acadados en diferentes disciplinas e categorías deportivas, "senón tamén onde ten as súas raíces: no deporte en idade escolar". Por último, subliñou o feito de que en Carballo "calquera familia teña oportunidade de escoller o deporte que máis lles guste aos seus fillos e fillas".

A relación de participantes por centro de ensino no programa de Deporte na Escola durante o curso pasado é a seguinte:

  • ANPA Pedras Blancas - CEIP Fogar: 70
  • ANPA A Casilla - CEIP A Cristina: 90
  • ANPA A Granxa - CEIP Bergantiños: 330
  • ANPA San Martiño - CEIP Nétoma-Razo: 54
  • ANPA A Milagrosa - CEIP San Luís Romero: 56
  • ANPA Raiante - CEIP Gándara-Sofán: 54
  • ANPA A Braña - CEIP Canosa-Rus: 129

A relación de participantes noutras actividades de deporte escolar é a seguinte:
  • Campo a través, fase local: 602
  • Natación escolar, fase final: 45
  • Balonmán infantil, fase final: 112
  • Balonmán benxamín-alevín, fase final: 205
  • Liga Escolar Multideporte: 720

Os interesados e interesadas poden consultar un plano de situación dos xogos na Praza do Concello en pdf nesta mesma nova.

Compartir: