Inicio Carballo ao día Hemeroteca Equipos de toda Galicia danse cita no V Torneo...

DOMINGO 29 DE MAIO NO PAVILLÓN CARBALLO CALERO

Equipos de toda Galicia danse cita no V Torneo Escola Lubiáns de Hoquei a Patíns Concello de Carballo

Xoves 26 de maio do 2011

O Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo, quixo subliñar o labor das escolas de hoquei, ao igual que o Alcalde en funcións, Evencio Ferrero, que está "encantado de que un ano máis unha entidade modélica das que conta con máis antigüidade no fomento do deporte culmine cunha festa unha actividade exemplar". Para o rexedor en funcións, cada vez máis cúmprese a máxima de que "Carballo é deporte", e subliñou a importancia das escolas deportivas que existen na vila, sendo "un exemplo" para outras moitas localidades. Mostrou a súa satisfacción porque Escola Lubiáns sexa un exemplo para todo o hoquei galego e manifestou a súa vontade de "seguir traballando para que os máis novos teñan a oportunidade de incorporarse ao mundo do deporte", algo que farán "na medida en que poidan practicalo". Para iso, Ferrero cre que hai que seguir "creando unha rede deportiva con vinculación coa sociedade". Por último subliñou o feito de que se dean cita en Carballo equipos de toda Galicia e desexou que Escola Lubiáns siga traballando a prol do deporte de base. Hai que lembrar que a Escola Lubiáns de Hoquei a Patíns conta cunha traxectoria de máis de 25 anos no fomento deste deporte. Durante este tempo o club teceu unha estrutura deportiva que o converte nun dos referentes do deporte na comarca, da localidade e de importancia a nivel galego. A entidade tamén desenvolveu ao longo deste anos novas actividades, como a Escola de patinaxe ou a Escola de verán.

Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador no torneo, nesta mesma nova en pdf. Tamén é posible obter máis información na páxina web de Escola Lubiáns.

Compartir: