Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 450 persoas participaron no curso...

A ACTIVIDADE PECHOUSE O SÁBADO 28 CUNHA EXHIBICIÓN

Máis de 450 persoas participaron no curso 2010-2011 no Programa de Exercicio Físico para Maiores do Concello

Luns 30 de maio do 2011

O Programa de Exercicio Físico para Adultos Maiores de 60 anos incluíu ao longo do presente curso 2010-2011 dúas sesións semanais de exercicio físico cos obxectivos xerais de influír na poboación maior conseguindo estilos de vida activos e saudables; e manter ou mellorar a súa calidade de vida mediante a actividade física e a inserción social actuando sobre o proceso natural de envellecemento. En canto aos seus obxectivos específicos, a actividade pretende manter un nivel suficiente de capacidade funcional xeral; mellorar a saúde reducindo o risco de desenvolver ou volver a padecer determinadas doenzas (cardiovasculares e osteoarticulares); e mellorar a seguridade ao facer exercicio. A actividade consiste no desenvolvemento de dúas sesións semanais de entre 30 e 45 minutos de Exercicio Aeróbico, Acondicionamento Muscular e Flexibilidade de Baixo Impacto Osteoarticular, cun aumento progresivo de intensidade que vai de baixa a moderada ou media intensidade. Durante a exhibición do sábado 28 de maio os maiores demostraron durante máis dunha hora todo o aprendido, realizando exercicios, acompañados de música, e baixo a atenta mirada dos monitores. Como despedida, realizouse unha foto de familia co Alcalde en funcións, Evencio Ferrero.

Compartir: