Inicio Carballo ao día Hemeroteca O proxecto Fórum Carballo estrea...

OS VECIÑOS E VECIÑAS XA PODEN UNIRSE CO BOTÓN "ME GUSTA"

O proxecto Fórum Carballo estrea páxina na popular rede social Facebook

Xoves 2 de xuño do 2011

O panel de profesionais de Fórum 2.0 conta agora cun total de sete expertos: Paula Lema Pena, técnica do Centro de Promoción Económica de Carballo (CPEC); Mª Dolores Serrano Bolón, orientadora laboral do Concello de Carballo; José Figueiras Garrido, presidente de AXOBER (Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños); Jenaro Castiñeiras García, profesor do taller ocupacional de Ebanistaría-Carpintaría en Fórum Carballo e experto na fabricación mobles de madeira; Adrián Saborido López, técnico da Cámara de Comercio da Coruña; e dúas novas incorporacións feitas a principios de maio. A xerente do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo, Mª Carmen Freire Areosa, e a responsable da Comunidade de Propietarios do Polígono de Bértoa, Carmen Méndez Brandón. Cuestións relacionadas cos trámites para solicitar un despacho no viveiro de empresas, o contacto entre demandantes de emprego e as empresas do polígono de Bértoa ou preguntas sobre a mellor maneira de realizar un mesmo as reparacións da madeira son algunas das entradas que se poderán atopar no espazo e que están tendo un elevado nivel de visitualizacións.

Compartir: