Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Festival Mozart visita Carballo por segunda vez...

VENRES 10 DE XUÑO ÁS 21.00 HORAS: ENTRADA DE BALDE

O Festival Mozart visita Carballo por segunda vez cunha proposta "rompedora" de Grupo Instrumental Siglo XX

Mércores 8 de xuño do 2011

La Sociedad Privada de Conciertos, promovida por Arnold Schönberg -creador da técnica dododecafonismo, baseada en series de doce notas-, Alban Berg e Anton Webern, organizou, antes da súa desaparicion por falta de fondos un total de 133 concertos. En canto ao repertorio que poderá desfrutarse o venres, é o seguinte:

  • Johann Strauss (fillo): "Wein, Weib und Gesang" ("Viño, mulleres e cancións"), op. 333 (Instrumentación de Alban Berg para cuarteto de cordas, armonium e piano)
  • Johann Strauss (fillo): "Schatzwaltzer" ("Vals do tesouro"), op. 418 (Instrumentación de Anton Webern para cuarteto de cordas, armonium e piano)
  • Johann Strauss (fillo): "Rosen aus dem Süden" ("Rosas del Sur"), op. 388 (Instrumentación de Arnold Schönberg para cuarteto de cordas, armonium e piano)
  • Johann Strauss (fillo): "Lagunen Walzer" ("Vals das lagoas"), op. 411 (Instrumentación de Arnold Schönberg para cuarteto de cordas, armonium e piano)
  • Arnold Schönberg: "Weihnachtmusik" ("Música de Nadal") (para dous violíns, violonchelo, armonium e piano)
  • Arnold Schönberg: "Die eiseme Brigade" ("A brigada de ferro") (para cuarteto de cordas e piano)

Os intérpretes son Dorothea Nicholas, violín; Raymond Arteaga, viola; Ruslana Prokopenko, violonchelo; Ayako Zemba, piano; Yulia Konarzewska, armonium; violín e dirección, Florian Vlashi; Jesús Quiroga, Eva Faraldo, Ana Belén Ferreiro, acción dramática.

A Concelleira de Cultura en funcións, Belén Lendoiro quixo subliñar a "oportunidade única" que supón este concerto para "desfrutar de música clásica de moita calidade". O Alcalde de Carballo en funcións, Evencio Ferrero, agradeceu a oportunidade que ofrece o Festival Mozart de que "outros espazos tamén poidan acoller a música clásica", especialmente nuns tempos "de profunda crise onde as administracións públicas tamén sufrimos as andanadas deste vendaval". Para Ferrero "é un luxo e un privilexio que se manteña este programa de altísimo nivel" e resaltou o "excelente traballo do festival". Oriol Ponsa tamén aproveitou a presentación do Festival Express para animar aos carballeses e carballesas a que vaian ao resto de actuacións do Festival Espress, como a cita da OSG Jazz Band con Los grandes estándares del jazz, o día 19 de xuño ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo; e tamén ao resto de propostas do Festival Mozart, como a ópera "La clemenza di Tito", do propio Mozart, para a que aínda quedan entradas e que ten lugar o sábado 18 de xuño no Palacio da Ópera da Coruña.

Os interesados/as en obter máis información poden facelo na páxina web do festival: <www.festivalmozart.com>

Compartir: