Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Circuíto de Motor Bértoa,...

SÁBADO 11 DE XUÑO

O Circuíto de Motor Bértoa, escenario do III Autocross Bergantiños, proba que contará con medio centenar de pilotos

Mércores 8 de xuño do 2011

A organización quere subliñar, así mesmo, a estreita colaboración para a organización da proba entre a Escudería Bergantiños e a Federación Galega de Automobilismo, xa que despois dun 2010 "convulso" cren que o bo entendemento suporá un mellor desenvolvemento desta proba e das seguintes, xa que esperan que despois do verán o Circuíto de Motor de Bértoa acolla unha nova proba do Campionato Galego. Tanto o Alcalde de Carballo en funcións, Evencio Ferrero, como o Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo, expresaron a súa satisfacción porque as entidades de motor lle estean sacando o máximo partido ás instalacións "nun espazo cunhas enormes posibilidades", segundo Ferrero. Trigo desexou que a proba esperte tanta expectación como outras probas de autocross teñen despertado en Carballo e Ferrero quixo destacar unha vez máis a "diversidade" e "versatilidade" do Circuíto, que permite que sexa un "punto de encontro permanente" para os amantes do motor e que se sigan programando moitas probas de diferentes disciplinas. Dende Escuderia Bergantiños Motor, tamén queren subliñar a cooperación de varias entidades que contribúen ao desenvolvemento da proba, como son o Club Remontes 4x4, EcoQuad Galicia, Mancebo SL, TecnoMotor, Talleres Mata, Bercom ou o Club Rally.

Os interesados e interesadas en obter máis información, poden consultar a páxina web da Escudería Bergantiños Motor: <ww.bergantinosmotor.com>.

Compartir: