Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello atendeu máis de 5.000 avisos de...

A MAIORÍA DOS ARRANXOS REFÍRENSE AO ALUMEADO PÚBLICO

O Concello atendeu máis de 5.000 avisos de veciños e veciñas durante o mandato que está a piques de rematar

Venres 10 de xuño do 2011

O segundo dos servizos que máis teñen demandado os veciños e veciñas durante os últimos catro anos enmárcase dentro do programa de Carballo Limpo, con 1520 peticións e un 29,45 por cento do total. Este servizo comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente e inclúe, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. Contémplanse, así mesmo, os servizos do Punto Limpo e o Punto Limpo Móbil, ademais da recollida de cartón pregado a pé de porta. En terceiro lugar atópanse os arranxos relacionados cos servizos en xeral de auga, luz, recollida de residuos, saneamento ou teléfono, que neste caso supuxeron o motivo de 314 chamadas por parte dos carballeses e carballesas, e que supoñen un 6 por cento das demandas totais. En cuarto lugar podemos atopar as deficiencias atopadas no mobiliario urbano, en edificios e infraestruturas deportivas, cun total de 210 peticións que supoñen un 4 por cento do total. Os arranxos relacionados con sinais de tráfico, carteis ou paneis indicadores supoñen tan só o 2,4 por cento do total dos avisos, con 126 chamadas. E, por último, as demandas referidas a bacheados e arranxo de estradas e beirarrúas foron un total de 71, cun 2,2 por cento do total.

Así mesmo, entre os meses de xaneiro e maio de 2011 tamén se teñen rexistrado os datos por parroquias. Neste caso, a de Carballo é a que leva acumulado un maior numero de peticións, seguida das parroquias de Rus, Sofán e Berdillo. As que menos demandas recibiron foron as de Noicela, Vilela e Aldemunde.

Compartir: