Inicio Carballo ao día Hemeroteca Artistas de Carballo e Bergantiños renden...

ATÉ O 31 DE XULLO NO TERCEIRO ANDAR DO PAZO DA CULTURA

Artistas de Carballo e Bergantiños renden homenaxe á beleza nunha mostra colectiva de fotografía, pintura e escultura

Xoves 16 de xuño do 2011

A beleza pode definirse como unha característica que, a través dunha experiencia sensorial ou percepción procura unha sensación de pracer ou un sentimento de satisfacción. Neste sentido, a beleza provén de manifestacións como a forma, o aspecto visual, o movemento e o son, aínda que tamén se asocia, en menor medida, aos sabores e aos olores. Os autores que participan nesta mostra colectiva que rende homenaxe a este concepto son: Adriana Súarez; Antonio Taracido; Cristina Castro Santiago; Chiña (Mª José Costa Valiña); Emilia Rodríguez de las Heras; Fernando Mourón; Jacobo Veiga García; Juan A. Villar Casares; Lola Oviedo; Marcos Rodríguez Cotelo; Milagros Cotelo Rama; Mon Lendoiro; O'Mighelo (Miguel Anxo Calvo Pose); Santiago Picos Díaz; Victoria Vilariño Varela e Yolanda Abelenda Varela. Algúns deles veñen de protagonizar nos últimos meses exposicións en solitario no Pazo da Cultura, como é ocaso de María José Costa Valiña, Chiña, de Miguel Anxo Calvo, O'Mighelo ou de Jacobo Veiga, que amosaron os seus traballos ao público carballés. Outros tamén teñen gañado galardóns convocados na vila, como é o caso de Marcos Rodríguez, o primeiro premio dunha das edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

A listaxe de obras é a seguinte: "Amor incondicional" e "Nas túas mans", óleos de Yolanda Abelenda: "Paixón desmedida" e "Beleza natural" en técnica mixta de O'Mighelo; o acrílico sobre lenzo "Melancolía" de Cristina Castro; "Eloxio da luz" en técnica mixta de Chiña; "Xestos", óleo de Milagros Cotelo Rama; os acrílicos e rótula sobre lenzo "Beleza de mulleres" e "Beleza de homes" de Mon Lendoiro; a olería de Buño "Sen título I" e "Sen título II" de Fernando Mourón; "Beleza... é Moda! I" e "Beleza... é Moda! I", pinturas e restos de gravado de Lola Oviedo; o óleo "A mariña sen mar" de Santiago Picos; as fotografías "Luau" e "Wherever you will go" de Marcos Rodríguez; o acrílico e spray sobre tea "Beleza Ornamentada e Beleza sen Ornamento I" e o acrílico sobre tea "Beleza Ornamentada e Beleza sen Ornamento II" de Emilia Rodríguez de las Heras; a fotografía "Xardíns no Palais Royal" de Adriana Suárez.; os acrílicos sobre lenzo de Antonio Taracido "Beleza das cores" e "Beleza das formas"; os óleos "Sen título I" e "Sen título II" de Jacobo Veiga; o pastel "La Blanquilla" e o óleo "A casa dos avós" de Victoria Vilariño; e as fotografías de Juan A. Villar "Sen título I" e "Sen título II".

Compartir: