Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas na Xunta de Goberno obras de...

AMPLIACIÓN DA REPOSICIÓN DE CAMIÑOS POR 80.000 EUROS

Adxudicadas na Xunta de Goberno obras de saneamento en Goiáns e Ardaña por preto de 120.000 euros

Luns 20 de xuño do 2011

No apartado de subvencións, a sesión supuxo a aprobación das bases da convocatoria para a "Realización de programas e actividades ou investimentos culturais e educativos de carácter excepcional durante o ano 2011". Para a concesión destas axudas está previsto destinar un orzamento de 7.000 euros. Ademais, concedeuse unha subvención á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil por un importe de 21.561,39 euros; adxudicáronse as subvencións para as Asociacións de Nais e Pais (Anpas) para 2011, que recaeron en nove entidades por 6.975 euros; adxudicáronse as subvencións para a realización de viaxes escolares 2011, para 15 centros de ensino por 6.555 euros; e adxudicáronse as subvencións para a realización de Cabalgatas de Reis, que son un total de 15 por un importe de 6.118,97 euros. A Xunta de Goberno aprobou tamén o Programa de actividade física para adultos maiores de 60 anos 2011/2012. Por este programa, apróbase a realización de 2 ou 3 sesións semanais de exercicio físico para os adultos maiores de 60 anos que estean interesados/as entre o 1 de outubro de 2011 e o 30 de xuño de 2012.

Así mesmo, no apartado de convenios, adxudicáronse as subvencións do Convenio Musical 2011, cun gasto de 21.170 euros que se fará efectivo para un total de 32 agrupacións musicais: 5 grupos de música e danza tradicional; 4 grupos de gaitas; 4 grupos de cantareiras; 8 masas corais; e 11 orquestras, conxuntos e bandas. A sesión da Xunta de Goberno supuxo, tamén, a dación de conta do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Carballo para a participación na prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feder) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. O obxectivo é evitar as causas dos lumes forestais, ou, en todo caso, minorar as súas consecuencias económicas e ambientais. Por último, os concelleiros deron o visto bo a 2 licenzas de obra; 4 licenzas de apertura; 2 licenzas de obra e apertura; e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: