Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo afonda na formación dos...

APTCM RETOMARÁ A CREACIÓN DUN CONSORCIO NA COSTA DA MORTE

Carballo afonda na formación dos profesionais do turismo cun curso de verán da Universidade da Coruña

Xoves 16 de xuño do 2011

Pola súa banda, o Alcalde en funcións quixo subliñar a importancia de poñer en marcha proxectos en común en materia de turismo "neste territorio mítico dentro do país galego". Manifestou a vontade de Carballo de formar parte da Costa da Morte, un territorio que "canto máis amplo sexa" máis "florecerá a ollos das administracións". Desexou que o curso sirva para tirar importantes conclusións e que se siga a traballar para converter Carballo e a Costa da Morte "nun destino turístico de referencia" que ademais resulta "moi interesante dende moitos puntos de vista". Despois da apertura, a primeira conferencia correu a cargo de Josep Francesc Valls Giménez, da Universidade Ramón Llul, que falou das claves do sector turístico, que el artella arredor de seis puntos principais: seleccionar oportunidades de mercado; elixir rigorosamente os clientes; planificar axeitadamente a experiencia a través do territorio e do patrimonio de forma sostible; promover o partenariado público e privado ao máximo nivel; producir innovación permanente; e fixar o control da xestión. O resto da xornada o programa de intervencións é o seguinte: Antón Álvarez Sousa coa ponencia "Turismo, calidade global e innovación: contribución ao desenvolvemento integral"; e Montserrat Villarino Perez, da Universidade de Santiago de Compostela con "As políticas públicas relativas ao turismo no espazo rural: análise dos cambios a partir da lexislación".

Xa pola tarde, a partires das 16.00 horas, Amparo Sáncho Pérez da Universidade de Valencia, expón "Innovacións clave para a competitividade do sector turístico"; Alfredo Ouro Villaraviz, de Iplan Consulting, fala de "As iniciativas de innovación e creatividade nos diferentes produtos turísticos (Turismo 2.0). O impacto no consumidor turístico"; "As claves do éxito da iniciativa Blog Trip Rías Baixas" corren a cargo de Ernesto Santiago, coordinador de Turismo Rías Baixas e Marco Táboas, presidente de Promo Turismo. O peche da xornada do xoves é para Manuel Pan Collazo, de Abertal Networks, ademais de responsable de APTCM, para falar da "Promoción Turística on-line. Análise de casos". A xornada do venres comeza ás 10.00 horas coa ponencia "Globalización económica e xestión turística sostible: impactos do desenvolvemento turístico" de Xulio Pardellas de Blas, da Universidade de Vigo; continúa con "Patrimonio natural e turismo. Claves e posta en valor", de Xosé Leira López, da Universidade da Coruña; a mañá pecha cunha mesa redonda sobre "Calidade e sostibilidade no turismo: retos e oportunidades". Pola tarde, Xosé Manuel Santos Solla fala de "Xacobeo e Camiño de Santiago como alternativa turística: análise de situación". María José Andrade Suárez, da Universidade da Coruña e directora do curso fala sobre "A percepción social do turismo rural. Especial referencia a Galicia". Pecha a xornada unha mesa redonda titulada "Estrutura e problemática do mercado turístico galego". Ás 19.30 horas está prevista a clausura oficial coa entrega de diplomas. Os interesados/as en consultar polo miúdo os horarios do programa poden facelo nesta mesma nova.

Compartir: