Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello acondiciona as marxes do Paseo do...

OPERARIOS DE ASPABER REALIZAN OS TRABALLOS

O Concello acondiciona as marxes do Paseo do Anllóns e limpa a ribeira do río ao seu paso pola capital carballesa

Martes 21 de xuño do 2011

O Concello realiza habitualmente labores de mantemento, conservación e posta en valor da ribeira do río Anllóns e do seu Paseo, especialmente na zona do Bosque. Así, o ano pasado plantáronse arredor de 200 árbores de ribeira nas marxes do río ao seu paso pola capital municipal para contribuír á creación de sombra, para crear un espazo máis agradable e, ao mesmo tempo, evitar a erosión das marxes do río. Con estas actuacións conséguese que o Paseo do Anllóns permaneza en perfecto estado para o desfrute dos veciños e veciñas, con especial atención ao período estival. Noutra orde de cousas, e dentro das accións de limpeza, o Concello tamén realiza labores para a prevención de incendios forestais e para a limpeza dos solares do casco urbano. No primeiro caso, en virtude dun convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural para protexer os núcleos rurais do municipio, un acordo que precisamente foi aprobado un ano máis na Xunta de Goberno delebrada o luns 20 de xuño. Por este convenio a Administración Local encárgase do control de terreos nas parroquias para garantir que non supoñen un risco para a propagación de incendios. No segundo, o Concello vixía que os propietarios de solares os manteñan limpos e libres de residuos. O incumprimento de calquera destas directrices de limpeza pode supoñer sancións.

Compartir: