Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un veterán resulta vencedor na I Carreira...

O PADROADO DEPORTIVO MUNICIPAL ENTRA EN FACEBOOK

Un veterán resulta vencedor na I Carreira Popular Concello de Carballo, que congregou a un millar de corredores

Martes 21 de xuño do 2011

A I Carreira Popular Concello de Carballo foi organizada polo Padroado Deportivo Municipal coa colaboración da Peña Ciclista Media Ducia e o Club Ciclista Carballo, ademais da Deputación da Coruña, o Colexio Oficial de Fisioterapia de Galicia, que atendeu aos corredores durante a carreira, e o CCB-Haley. Así mesmo, a Policía Local e Protección Civil velaron pola seguridade durante a carreira. Por outro lado, o Padroado Deportivo Municipal de Carballo quere informar da súa presenza nas redes sociais. Así, o organismo xa ten o seu espazo en Facebook con obxectivo de ofrecer información a través das redes sociais de eventos, citas deportivas, cursos ou calquera información das actividades que se fagan nas instalacións deportivas municipais por parte do Padroado ou de entidades deportivas que soliciten a utilización destas instalacións. A orixe da presenza do Padroado en Facebook xorde para publicitar a I Carreira Popular Concello de Carballo entre os corredores. Despois de ver a boa acollida que tivo a iniciativa, este espazo vai ampliar a súa información, actualizándose todas as semanas para proporcionar información dos eventos deportivos que hai no noso Concello. Os interesados e interesadas en acceder deben buscar en Facebook "Padroado Deportivo Carballo", e logo solicitar amizade para poder entrar.

Compartir: