Inicio Carballo ao día Hemeroteca En marcha os traballos para dotar de equipamento...

ESTÁ SITUADO NA NAVE UN DO RECINTO DA MILAGROSA

En marcha os traballos para dotar de equipamento o auditorio do complexo Fórum Carballo

Luns 27 de xuño do 2011

O resto do equipamento está composto por pantalla de gran formato retráctil sobre o escenario, sistema de proxección e de son con altavoces integrados nas paredes. Precisamente, parte das melloras que se están realizando no auditorio correspóndense coa instalación destes servizos, que foron adxudicados a principios do pasado mes de maio en Xunta de Goberno Local á empresa Son-Press SL por un prezo de 34.030,49 euros. A sala está totalmente insonorizada e conta con dúas saídas nun dos laterais. Como curiosidade, as butacas, enfrente das que se sitúa un pupitre pregable- son un deseño novo dunha coñecida empresa de Barcelona, sendo ademais a segunda montaxe deste modelo que se fai a nivel mundial. O tapizado, de cor laranxa en polipiel, é ignífugo. O Concello de Carballo ten previsto aprobar unha normativa municipal mediante a que se regule o uso das instalacións de Fórum Carballo por organismos, entidades, colectivos e empresas que o soliciten. As reservas poderán realizarse a través da páxina web de Fórum Carballo, en marcha dende febreiro de 2011 , unha ferramenta que ten como obxectivo dar a coñecer o proxecto Fórum Carballo aos veciños e veciñas, ademais de tentar favorecer a dinamización das empresas e do emprego, da teleformación e da coordinación das asociacións, institucións e organismos do Concello coa sociedade.

Compartir: