Inicio Carballo ao día Hemeroteca As praias carballesas de Pedra do Sal e As...

ADEAC É O ORGANISMO QUE CONCEDE ESTAS ENSEÑAS

As praias carballesas de Pedra do Sal e As Saíñas xa contan co distintivo da Bandeira Azul

Martes 28 de xuño do 2011

Hai que subliñar, ademais, que os areais de Carballo contan cun total de 32 socorristas que comezaron a traballar a mediados de xuño para velar pola seguridade. Así mesmo, para contribuír a que os veciños e veciñas da vila desfruten das concorridas praias do municipio ao longo da tempada de verán, o Concello de Carballo procedeu nas últimas semanas ao arranxo e mellora dos accesos aos areais. Traballouse nas pistas e vías de acceso a Razo, Pedra do Sal e As Saíñas. Realizáronse as melloras correspondentes no firme, reparando as fochas e botando zahorra nas seguintes pistas: no acceso a Razo en Montepeados; no acceso á Lagoa de Baldaio; nos accesos ás praias de Pedra do Sal e "das escaleiras"; no acceso ao areal situado a carón co campo de fútbol da Arnela; na pista dende Arnela á praia de Leira pola costa; e na pista que transcorre dende Leira cara a Caión. Ademais da mellora no firme, tamén se levou a cabo o acondicionamento e apertura de cunetas para facilitar a evacuación da auga e favorecer a circulación dos vehículos durante o estío. Por último, hai que subliñar que dende xuño do ano pasado a empresa Eulen encárgase do labor de 'Limpeza de praias do municipio de Carballo', non só durante o verán, senón tamén dende o 16 de setembro até o 1 de outubro e dende o 1 de abril até o 15 de abril, co obxecto de garantir o mellor estado posible dos areais.

Compartir: