Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa cun equipo de baloncesto nos...

A CITA É NA CIDADE PORTUGUESA DE MATOSINHOS

Carballo participa cun equipo de baloncesto nos IX Xogos do Eixo Atlántico 2011

Mércores 29 de xuño do 2011

Os Xogos do Eixo Atlántico son unha cita deportiva que se celebra cada dous anos, alternando os anfitrións entre unha vila Galega e un municipio do Norte de Portugal de entre os 34 que integran a Eurorrexión. Matosinhos é, dende 2007, un destes 34 membros da asociación transfronteiriza e sucede na organización destes Xogos ás cidades da Coruña (2009) e de Vila Nova de Gaia (2007). Balonmán, baloncesto, atletismo, fútbol sete, voleibol, volei praia e natación son as modalidades nas que competirán os participantes, de ata 16 anos de idade. Ademais, nesta edición dos Xogos tamén estará representado o deporte discapacitado, coa presenza de 80 deportistas en categorías masculina e feminina que competirán na modalidade de atletismo. Os Xogos do Eixo Atlántico constitúen, en termos de participación, o maior evento deportivo europeo no ámbito de deporte de base, xunto dos Xogos do Mediterráneo. Como referencia, mentres os Xogos do Eixo moveron a 2.000 deportistas na edición de 2009 e moverá ata a 1.500 a presente edición -nun ano especialmente difícil pola situación de crise que atravesan os Concellos- la Universiada mobilizou a arredor de 900 deportistas universitarios. As delegacións portuguesa máis numerosas que participa nos Xogos son a de Vila Nova de Gaia, con 132 participantes, e a de Matosinhos con 129. De Galicia, os concellos que achegan máis deportistas son os de A Coruña (111 participantes), Pontevedra (101) e Ourense (100).

Compartir: