Inicio Carballo ao día Hemeroteca A ampliación do CEIP Bergantiños da...

O PROXECTO ESTÁ SENDO AVALIADO POR TÉCNICOS DE EDUCACIÓN

A ampliación do CEIP Bergantiños da capital municipal estará lista no curso 2012-2013

Luns 11 de xullo do 2011

A Xefa Territorial de Educación tamén escoitou as demandas en materia de Educación que os centros de ensino carballeses lle teñen transmitido ao Concello. Entre elas está a substitución dos peches dos CEIP de Sofán e Razo ou a creación de baños acondicionados para Educación Infantil no colexio de Razo. Villaverde Pais comprometeuse a estudar estas peticións. O proxecto de ampliación do CEIP Bergantiños inclúe a creación de zonas comúns, como salas de profesores, aínda que a xestión administrativa realizaríase dende as instalacións xa existentes. Suporá a creación de nove unidades de Educación Infantil, con servizos integrados e totalmente equipadas, dun máximo de 25 nenos e nenas cada unha, polo tanto, crearíanse 225 novas prazas. As unidades estarían distribuídas en 3 para cativos e cativas de 3 anos; 3 para escolares de 4 anos; e 3 para nenos e nenas de 5 anos. No seu momento, a Xefa Territorial avanzou que o máis seguro é que o financiamento, estimado nos orzamentos da Xunta en 900.000 euros para o ano 2011 (dos 1,5 millóns de euros do total), acabe sendo plurianual, aínda que estes detalles, así como a situación concreta das aulas de ampliación, non se saberán ata que se faga público o proxecto. Nestes momentos, o Concello está á espera de coñecer o prazo de execución dos traballos, datos que espera recibir por parte de Educación proximamente.

Compartir: