Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT e Yllana celebran xuntos os seus 20 anos...

A COMPAÑÍA REPRESENTARÁ O SEU ESPECTÁCULO "MUU!"

O FIOT e Yllana celebran xuntos os seus 20 anos de vida na próxima edición do Outono de Teatro

Luns 11 de xullo do 2011

Yllana creou un estilo absolutamente persoal e, tras estos vinte anos, converteuse nunha marca e referencia indispensable do humor e do teatro xestual en España, que ademais ten unha presenza constante nos escenarios internacionais. Yllana produciu 17 espectáculos dos que unha parte son creacións propias e noutros casos produccións asociadas a outros creadores, que foron vistas por máis dun millón de espectadores en 33 países. Dentro do FIOT, participaron por primeira vez co seu segundo espectáculo "Glub-Glub", no ano 1997, co que gañaron a primeira edición do Premio do Público do FIOT, repetindo no 1998 cunha das súas obras de máis éxito internacional, "666". Contamos con eles no ano 2001, para celebrar o décimo aniversario do FIOT con "Rock & Clown", co que volveron a gañar o Premio do Público, repetindo ao ano seguinte con "Spingo". No 2004 presentáronnos "Star Trip" e regresaron no 2005 cunha coproducción con L'Om-Imprebís, "Los Mejores sketches de Monty Python". "Brokers", no ano 2008, é a última obra coa que estiveron e que seguen representado, e coa que volveron gañar o Premio do Público que agora recollerán. Yllana é a compañía que ten gañado en máis ocasións o Premio do Público do FIOT (catro, participando outras 3 fóra de concurso) e esta será a oitava vez na que participen no programa do Outono de Teatro.

Compartir: