Inicio Carballo ao día Hemeroteca O equipo de baloncesto que representou a Carballo...

A CITA CELEBROUSE NA CIDADE PORTUGUESA DE MATOSINHOS

O equipo de baloncesto que representou a Carballo nos IX Xogos do Eixo Atlántico remata a competición en quinto lugar

Venres 8 de xullo do 2011

Os Xogos do Eixo Atlántico son unha cita deportiva que se celebra cada dous anos, alternando os anfitrións entre unha vila Galega e un municipio do Norte de Portugal de entre os 34 que integran a Eurorrexión. Matosinhos é, dende 2007, un destes 34 membros da asociación transfronteiriza e sucede na organización destes Xogos ás cidades da Coruña (2009) e de Vila Nova de Gaia (2007). Balonmán, baloncesto, atletismo, fútbol sete, voleibol, volei praia e natación son as modalidades nas que competirán os participantes, de ata 16 anos de idade. Ademais, nesta edición dos Xogos tamén estará representado o deporte discapacitado, coa presenza de 80 deportistas en categorías masculina e feminina que competirán na modalidade de atletismo. Os Xogos do Eixo Atlántico constitúen, en termos de participación, o maior evento deportivo europeo no ámbito de deporte de base, xunto dos Xogos do Mediterráneo. Como referencia, mentres os Xogos do Eixo moveron a 2.000 deportistas na edición de 2009 e moverá ata a 1.500 a presente edición -nun ano especialmente difícil pola situación de crise que atravesan os Concellos- a Universiada mobilizou a arredor de 900 deportistas universitarios. As delegacións portuguesa máis numerosas que participa nos Xogos son a de Vila Nova de Gaia, con 132 participantes, e a de Matosinhos con 129. De Galicia, os concellos que achegan máis deportistas son os de A Coruña (111 participantes), Pontevedra (101) e Ourense (100).

Compartir: