Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os alumnos e alumnas do CEIP Fogar...

O CONCURSO CONGREGOU A 64 COLEXIOS DE TODA GALICIA

Os alumnos e alumnas do CEIP Fogar gañadores do programa "Xiz" son recibidos polo Alcalde e asinan no Libro de Honra

Martes 12 de xullo do 2011

Pablo, Irene, Leticia e Juan José falaron tamén das súas experiencias, dos nervios do primeiro día ao ver as cámaras enfocando, das xornadas "maratonianas" indo ao estudo de gravación en Vigo e chegando co tempo xusto para poder durmir e ir ao colexio ao día seguinte, ou do divertidas que resultaban as viaxes no autobús, acompañados polos compañeiros do centro que os apoiaron en todo momento e incluso entablando amizade cos rivais dos outros centros de ensino. Os seus profesores subliñaron que o equipo do CEIP Fogar supo gañar e perder con moita deportividade e que, independentemente do esforzo realizado para facer un bo papel no concurso, iso non reflectiu negativamente no rendemento nos estudos. As nais e pais tamén falaron da evolución dos tres meses de programa, en que todas as familias dos rapaces e rapazas do Fogar andaban a seguir o concurso, ou a experiencia tan gratificante que supuxo para todos os implicados. Agora, segundo explicaba o Alcalde, Evencio Ferrero, entre risos, só queda esperar ao ano que vén "para defender o título". E tamén facendo bo o lema do programa "a cavilar sen parar".

Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre o programa ou incluso ver os vídeos da final, na páxina web de "Xiz", dispoñible nesta mesma nova.

Compartir: