Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados os expedientes de contratación...

SUBMINISTRO PARA A NAVE 4 DO FÓRUM CARBALLO

Aprobados os expedientes de contratación para obras de mellora da rodadura de vías en Goiáns e Berdillo

Luns 18 de xullo do 2011

Por último, en materia de contratacións, a Xunta de Goberno aprobou unha modificación no contrato administrativo especial para a "Concesión da utilización privativa de bens de uso público municipal en Carballo para a colocación de dous puntos de información pública" pola cesión deste contrato á empresa Tecno Solydi, que xestionará os paneis situados na Rúa Coruña e na Rúa Vázquez de Parga (no edificio do Casino). Así mesmo, a sesión supuxo a aprobación dun convenio de cooperación educativa entre o Concello de Carballo e o Centro de Estudos Universitarios de Galicia (Cesuga), para a realización de prácticas de estudo. Por este acordo, un alumno que ten finalizado o quinto curso da carreira "Bachelor of arquitecture" da University College of Dublin realizará prácticas durante dous meses na administración carballesa baixo a supervisión do Arquitecto Municipal, Alfredo Garrote. Tamén se deu conta do convenio entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello para o desenvolvemento do programa "Rede cultural da Deputación da Coruña para o ano 2011", no que se inclúen actuacións como a de Susana Seivane, entre outras. Por último, a sesión supuxo a aprobación de oito vaos, catro laborais e catro permanentes; a concesión de oito licenzas de obra, dúas licenzas de obra e apertura, e sete licenzas de primeira ocupación e apertura.

Compartir: