Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo ofrece en xullo e agosto Escolas...

O 6 E 21 DE AGOSTO CELÉBRANSE OS TORNEOS DO CONCELLO

Carballo ofrece en xullo e agosto Escolas gratuítas de Verán de Volei Praia no areal de Razo

Xoves 14 de xullo do 2011

No caso do Torneo de Baldaio, celebrarase en Pedra do Sal e conta coas categorías Sénior e Xuvenil (ata 17 anos) masculina e mixta. As inscricións poden formalizarse de forma gratuíta até o venres 5 de agosto e inclúense as bebidas. No segundo torneo, do 21 de agosto, a cita é na explanada de Razo en categorías Súper 80 (masculina e feminina), Sénior (masculina e mixta), Xuvenil (masculina e mixta, ata 17 anos), Infantil (mixta) e Súper mini (4x4). As inscricións poden formalizarse por 5 euros até o venres 19 de agosto e inclúense as bebidas e as camisetas para as parellas. Os obxectivos xerais da celebración das Escolas e os Torneos de Volei Praia inclúen fomentar actividades deportivas e saudables na praia, incitar a un uso correcto e saudable do tempo libre e de ocio, fomentar a socialización e o compañeirismo entre os asistentes, realizar actividades lúdicas de cara aos nenos e nensas máis pequenos para así fomentar a actividade física e o deporte, valorar o deporte como unha actividade que se pode practicar en calquera lugar e en calquera momento, promover os valores e calidades da Praia de Razo como espazo de ocio, tempo libre e de riqueza medioambiental. Estas actividades están organizadas pola Asociación Deportiva Cultural de Volei Praia da Costa da Morte coa colaboración do Concello de Carballo, Carballo Deporte a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, ademais de co patrocinio de Teiron, ArtSurfCamp, Calvo e Alquileres Reneymar. O Alcalde de Carballo, Evencio Fererro; o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e o responsable da actividade da Asociación Deportiva Cultural de Volei Praia da Costa da Morte, Rosalino Mariño, presentaron estas iniciativas nas pistas de volei da praia de Razo.

Os interesados e interesadas poden consultar os carteis anunciadores destas actividades nesta mesma nova en formato pdf.

Compartir: