Inicio Carballo ao día Hemeroteca O centro de día de Carballo situado na...

O CONSORCIO ASUMIRÁ PARTE DO CUSTO DA ESCOLA INFANTIL

O centro de día de Carballo situado na Praza de Vigo entrará en funcionamento no mes de setembro

Mércores 20 de xullo do 2011

Precisamente, dado que a Escola Infantil estase edificando grazas a unha achega da Deputación Provincial que cubre o 55 por cento dos gastos, o Consorcio anunciou hoxe que finalmente accede a achegar a diferencia entre esta cantidade e a necesaria para cubrir o 80 por cento do custo reflectido no convenio, e o Concello o 20 por cento restante que constaba no acordo de 2008 para chegar aos 684.716 euros que é o importe definitivo da licitación dos traballos. O Pleno da Deputación provincial aprobou en maio de 2010 a concesión dunha achega de 550.000 euros para permitir o financiamento dunha segunda escola infantil para o Concello de Carballo. O proxecto está redactado dende hai tempo e foi obra do arquitecto José Villacé por un importe completo de 834.000 euros, aínda que finalmente foi adxudicado cunha baixa sobre o prezo de licitación de 160.512 euros. O novo servizo estará situado nunha parcela de 2.500 metros cadrados na contorna da urbanización de Riotorto na estrada de Razo. A empresa responsable dos traballos, que marchan segundo o previsto, é unha UTE entre Decoraciones J. Bello e Construcciones Paraxe SL e o prazo de execución previsto é de nove meses e medio. Segundo se recolle no proxecto, o novo edificio distribuirase en dúas zonas principais: unha zona infantil composta por aulas e un espazo central de xogo e multiusos, na que se busca o contacto co terreo exterior para os xogos; e unha zona de adultos, que inclúe o espazo para o profesorado, un cuarto de servizo e outras instalacións.

Compartir: