Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pide a colaboración de Augas de...

"PROXECTO ANLLÓNS-BARDOSO. POSTA EN VALOR DOS RÍOS"

O Concello pide a colaboración de Augas de Galicia para axilizar os trámites para a ampliación do abastecemento de auga

Xoves 28 de xullo do 2011

Así mesmo, o Documento de inicio debe elaborarse para realizar as consultas ambientais necesarias que permitan coñecer a necesidade ou non de someter o proxecto a un trámite de impacto ambiental e, no caso de que sexa necesario, iniciar a súa tramitación ante o organismo competente. Os trámites para conseguir a autorización para unha nova captación deben realizarse ante Augas de Galicia, a excepción do informe sanitario, que debe ser realizado pola administración competente. O prazo de execución para os proxectos incluídos nestas axudas remata en decembro de 2013, mentres que o financiamento das actuacións pode ser plurianual. Para o desenvolvemento do "Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos" o Concello de Carballo debe achegar o 30 por cento do orzamento, para o que, con toda probabilidade, está previsto recorrer a un crédito. A proposta do Concello de Carballo é unha das seleccionadas entre as 134 que se presentaron en toda España, sendo aceptadas un total de 63. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional reparte en toda España na convocatoria de 2011 un total de 262.409.795,24 euros para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano.

O proposta para a actuación, elaborada por Valora Consultaría e Innovación, inclúe repartir a presión da auga entre o río Anllóns e o Bardoso, facendo a captación dende dúas canles. Estaría prevista a creación dunha nova ETAP (estación de tratamento de auga potable) no río Bardoso e a construción dun depósito regulador intermedio entre o actual depósito do Paraíso (en Berdillo) e o situado na rúa Vila de Corcubión da capital municipal. A actuación recolle as indicacións do 'Estudo director para a mellora do abastecemento no termo municipal de Carballo', no que se efectúa unha análise da situación dos recursos hídricos no municipio. O proxecto mellorará considerablemente o subministro e a calidade das augas na capital carballesa, ademais do caudal ecolóxico e a protección do Anllóns en situacións de seca, e achegará aos veciños e veciñas información dos sistemas fluviais e educación ambiental en materia do ciclo da auga.

Compartir: