Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas as bases para a convocatoria das bolsas...

ADXUDICADAS AS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS

Aprobadas as bases para a convocatoria das bolsas de estudo e transporte do Concello do curso 2011-2012

Luns 1 de agosto do 2011

No apartado de subvencións, tamén recibiu luz verde a adxudicación das subvencións a asociacións e entidades que desenvolvan actividades no eido dos servizos sociais. Finalmente concedéronse 14 axudas a outras tantas entidades por un importe de 15.000 euros. A sesión tamén serviu para a aprobación do Convenio para a realización de prácticas dentro do programa do curso "Atención Sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio", impartido pola Fundación Formac¡ón e Emprego de Galicia (FOREM Galicia). O obxectivo do curso é axudar no ámbito socio-sanitario no domicilio a persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e mental, aplicando os medios para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno. A persoa seleccionada realizará as prácticas entre o 2 de setembro e o 5 de outubro de 2011 de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, cubríndose un total de 120 horas.

No apartado de convenios, formalizouse tamén a adhesión a un Acordo de colaboración entre a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociais (entidade xurídica responsable da Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela) para o desenvolvemento de formación en centros de traballo. O obxectivo deste convenio é o de facilitar o desenvolvemento do prácticum do alumnado de traballo social. Por último, deuse conta do convenio para a celebración do VI Festival Sereas e Piratas e dun convenio para o desenvolvemento dun programa de cooperación educativa entre a Universidade da Coruña e o Concello. No que se refire a expedientes de contratación, saíu adiante o contrato de Asesoría Psicolóxica do Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo, que comprende a realización de prestacións como a atención psicolóxica, a realización de valoracións e orientacións psicolóxicas, de informes ou de prácticas de grupo e talleres de autoestima, entre outros labores.

Por último, a sesión supuxo luz verde para catro licenzas de obra; catro licenzas de obra e apertura, dúas licenzas de primeira ocupación e para a segregación de parcelas no lugar de Monte e no lugar de Castrillón (Lema).

Compartir: